Mondoñedo, a 22 de marzo de 2022. O equipo de goberno do concello de Mondoñedo inicia as rondas informativas por barrios e parroquias do municipio para informar da súa xestión e para recoller propostas e suxestións. É un paso máis na liña de transparencia e proximidade aos veciños seguida polo equipo encabezado polo alcalde, Manuel Otero.
As dúas primeiras reunións desta nova rolda celebraranse o domingo, día 24. A primeira será as 12.00 horas, cos veciños e veciñas da Rúa Rigueira e Río de Xisto, diante da Fonte Vella. O asunto a tratar será o das obras de acondicionamento de parcelas na Rúa Rigueira, Río de Sixto.
As 20.00 horas, os membros do equipo de goberno reuniranse con veciños e veciñas de O Carmen, na escola de O Carmen. No encontro abordaranse distintas cuestión de interese para a parroquia