A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, realizou as xestións necesarias con Portos de Galicia, solicitando que se autorizase o uso dese espazo para este fin, tendo en conta a necesidade de ampliar as prazas de estacionamento existente ante a afluencia masiva de vehículos durante a celebración da Semana Santa. Deste xeito, durante toda a Semana Santa veciños e visitantes poderán estacionar neste espazo.