A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, realizou as xestións necesarias con Portos de Galicia, solicitando que se autorizase o uso dese espazo para este fin, tendo en conta a necesidade de ampliar as prazas de estacionamento existente ante a afluencia masiva de vehículos durante a celebración da Semana Santa. Deste xeito, durante toda a Semana Santa veciños e visitantes poderán estacionar neste espazo.
O Concello de Viveiro informa que ata o domingo 17 de abril poderase estacionar na explanada do porto deportivo
O Concello de Viveiro informa que ata o domingo 17 de abril poderase estacionar na explanada do porto deportivo
Relacionado
-
Os sindicatos convocan unha protesta en Celeiro para esixir mellores condicións na inspección pesqueira
-
Loureiro destaca “a capacidade do Porto de Celeiro para facer fronte aos problemas e os cambios do sector pesqueiro”
-
Villares defende en Viveiro maior axilidade e transparencia na negociación das cotas co reino unido debido á importancia que ten o caladoiro do Gran Sol para a frota galega