Este proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición, de carácter aberto, e as súas bases e anexos poden consultarse na páxina web do Concello de Viveiro (www.viveiro.es), no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro e no taboleiro de anuncios dixital.
O prazo para a presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria.