Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro impulsa coa colaboración dos comerciantes do casco histórico unha iniciativa para desestacionalizar o turismo e as compras

Viveiro, 28 de abril de 2022. O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Turismo, impulsa coa colaboración da Asociación de Comerciantes do Casco Histórico unha iniciativa de descontos e promocións durante os meses de febreiro e novembro.

“Falamos primeiro coa Asociación de Comerciantes do Casco Histórico e pareceulles unha boa idea, polo que convocouse unha reunión con todos os establecementos hoteleros para explicarlles en que consiste”, afirma Marisol Rey, concelleira de Turismo.

A proposta é para os meses de febreiro e novembro, que son os máis baixos de turismo e actividade comercial, realizando descontos á xente que se hospede, compre ou consuma nos establecementos que queiran colaborar (bares, tendas, cafeterías, perruquerías, etcétera).

En palabras da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, “trátase de desestacionalizar o turismo e as compras nos meses de menor ocupación e gasto, con paquetes de fin de semana e outras actividades que potencien os nosos atractivos, o Camiño do Mar e a nosa gastronomía”.

En xeral, aos hosteleiros asistentes á primeira reunión pareceulles unha moi boa idea e vaise facer outro encontro para concretar todo en setembro, como o nome da iniciativa ou como se vai facer o tema dos bonos.

Cando se poña en marcha de forma definitiva, tanto o concello como as asociacións de comercio e hospedaxe activarán unha campaña de difusión e promoción desta iniciativa.

Exit mobile version