Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo vai renovar a rede de abastecemento de auga potable existente e executar un novo saneamento que de servizo aos núcleos de Casas Novas e Camiño Chao, na parroquia de Espiñeirido.

Cervo, 11 de abril de 2022. O Concello de Cervo vai renovar a rede de abastecemento de auga potable existente e executar un novo saneamento que de servizo aos núcleos de Casas Novas e Camiño Chao, na parroquia de Espiñeirido.

O rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata a zona de actuación para comprobar, de primeira man, o avance das obras.

Con esta actuación, ademais de implantar unha nova rede de abastecemento de auga e adecuar unha un novo saneamento, vaise realizar unha reposición do firme nas zonas afectadas.

O orzamento desta obra elévase a un total de 169.889 euros, financiados con fondos procedentes do Plan Único 2021.

O rexedor, Alfonso Villares, salientou que con esta renovación integral melloramos as infraestruturas básicas existentes nos núcleos de Camiño Chao e Casas Novas, incrementando o espazo de carácter público de calidade e cubrindo as necesidades básicas desta zona rural do noso municipio”.

Segundo apuntou Villares, “esta obra forma parte do conxunto de actuacións que levamos a cabo desde o noso equipo de goberno co obxectivo de dotar do máximo número de servizos básicos posibles aos núcleos de poboación rurais do noso municipio, tentando equilibrar así o nivel de convivencia coas zonas urbanas”.

Exit mobile version