O Concello colocou este venres catorce lastros (adoquíns) que lembran ás vítimas do franquismo que naceron, viviron ou traballaron en Ribadeo, e que se unen ás vinte e cinco que o escultor alemán Gunter Demnig deixou listas este xoves durante o acto de homenaxe no parque San Francisco
redac
Os familiares dos represaliados estiveron acompañados neste momento cheo de emoción e lembranzas polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia e polo concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije.