Viveiro, 5 de abril, 2022. En xuño do ano pasado desde o BNG de Viveiro presentábamos unha moción para a creación dunha área para autocaravanas e furgonetas camper en Portochao que saiu aprobada.
Actualmente nesta zona de Portochao onde se propuxo, xa conta cunha zona acondicionada como aparcamento, recollida de lixo, hai dispoñible acceso ao alcantarillado, auga potábel e rede eléctrica, tendo únicamente que instalarse os mecanismos necesarios para o baleirado de augas residuais xunto con tomas de auga e electricidade.
Tendo en conta a proximidade da tempada de verán e coa semana santa á volta da esquina, no BNG gustaríanos saber que trámites puido ter desenvolto o Equipo de Goberno para a habilitación desta área para autocaravanas despois de transcorrer 10 meses desde a aprobación en pleno da nosa iniciativa.