A moción do BNG para a creación dun terceiro xulgado en Viveiro exposta pola nacionalista Míriam Bermúdez, foi moi aclaratoria da situación e correcta até o momento que tocou a quenda de palabra á alcaldía, onde María Loureiro centrou o seu argumentario en apropiarse dos logros que conseguiron as traballadoras do xulgado, ao non ter a alcaldía feito algún xustificable.
O PSOE de Viveiro e nomeadamente María Loureiro, parecen non ter relevancia no seu partido que actualmente sostenta a presidencia do estado, pois “a creación do Terceiro Xulgado depende única e exclusivamente dunha decisión política, neste caso do PSOE do estado, mais a influencia política de María Loureiro semella ser completamente nula”, afirmou Míriam Bermúdez, quen no pleno leu e mostrou un documento onde se afirma que María Loureiro lle comunicou ao Tribunal Superior de Xustiza a negativa do Ministerio de Xustiza estatal, presidido polo PSOE, a habilitar o terceiro xulgado para Viveiro.
Loureiro falta o respecto
Na súa defensa, María Loureiro, falando entrecortado e cun claro nerviosismo, dedicouse a faltar o respecto en reiteradas ocasións a Míriam Bermúdez chamándolle incluso mentireira sen o máis mínimo dato, informe ou argumento que contradigan as palabras da concelleira do BNG, todo o contrario, pois a alcaldesa foi pouco a pouco afirmando que se tivera comunicacións co Tribunal Superior de Xustiza e logo co Secretario do Estado.
Eran mentiras, segundo a alcaldesa, mais foi saindo todo entre titubeos para rematar nun “sen control” de descalificacións persoais cara Míriam Bermúdez.
Desde o BNG, exixen á alcaldesa madurez política, educación e respecto, non pode ser que se “descontrole” cada vez que demostran a súa total inacción con datos contrastados e documentación sólida. A asemblea local do BNG tamén incide en que non pode ser que cada pouco teñan que estar “chamando á atención” pedindo “respecto e saber estar á altura das circunstancias”, xa foron varias as ocasións nas que solicitamos madurez á bancada socialista quenes non son capaces de entender as normas básicas de democracia e convivencia.
Votaron a favor da moción para a creación do terceiro xulgado todos os grupos municipais agás o PSOE, que se abstivo.
A continuación en video, o debate da moción no pleno:
https://youtu.be/ICCRJEH8vdw