A preocupación e malestar ante a desprotección e inseguridade nunha das zonas con máis actividade fóra dos cascos de Viveiro e Cantarrá, xunto coa fartura de promesas incumplidas, pois xa no 2005 se anunciaba en prensa por parte do Xefe Provincial de Estradas e do Alcalde Melchor Roel o proxecto que regularía o acceso Chavín-Lugo-Viveiro-Landrove a través dunha rotonda e sumado á inacción de todos estes anos, fixo que no ano 2018 a veciñanza de Landrove se mobilizase recollendo sinaturas demandando medidas redutoras de velocidade e que facilitasen a incorporación dos vehículos á estrada.
É importante destacar que actualmente o tramo da estrada de Landrove-cruce até Boimente tamén é moi frecuentada por ciclistas polo que se fai necesario prever medidas.
Tendo en conta todo o exposto, rogamos:
1. Que a Alcaldía informe das medidas desenvoltas nos dous últimos mandatos en relación aos feitos descritos.
2. Que se de traslado á Xunta de Galiza, titular da estrada, da necesidade de poñer en marcha un plan con medidas que melloren a seguridade vial, como poden ser:
. Desenvolver un proxecto que permita a instalación da futura rotonda na LU-540.
. Adopción de medidas reductoras da velocidade e calmado do tráfico para a LU-161 e LU-540 no seu paso por Landrove.
. Instalación de sinais que alerten da presenza de ciclistas na LU-161.