Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro afirma que a admisión do recurso no xulgado polo Fondo de Compensación Ambiental reafirma as súas insistencias

Viveiro, 1 de abril, 2022. En maio de 2021 o Concello de Viveiro recibía a denegación do Fondo de Compensación Ambiental o que suporía a perda dunha subvención de máis de 90.000€ para a execución de melloras na rede de saneamento e abastecemento e reposición de beirarrúas en Magazos. Esta denegación debatiuse entre os grupos políticos, mais o BNG de Viveiro mantívose moi firme instando en todo momento ao Goberno Municipal na necesidade de chegar até os Xulgados presentando un recurso Contencioso Administrativo.

Miriam Bermudez manifestou que “Viveiro é un dos máximos beneficiarios deste Fondo ao ter no noso municipio 50 aeroxeradores e máis de 20 km de liñas de eléctricas. Sufrimos o impacto ambiental e paisaxístico de xerar unha enerxía da que non nos permiten beneficiarnos, e a Xunta denégalle á veciñanza de Viveiro os cartos que nos corresponden por sufrir este impacto dos eólicos no noso territorio.”

Agora o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza remata de admitir a trámite este recurso, polo que foron aceptados os fundamentos xurídicos do mesmo e será debatido no Xulgado.

Exit mobile version