Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG acusa ao Partido popular de excluír da súa axenda cultural a recuperación da igualdade lingüística para o galego

Santiago de Compostela, 22 de abril 2022. A portavoz de cultura do BNG, Mercedes Queixas formulou unha pregunta ao goberno relativa á oferta cultural para menores de 16 anos da que dixo resulta “insuficiente” e a oferta en galego “aínda máis baixa”, a pesar de que existe “unha elevada demanda”.

A nacionalista acusou ao partido popular de excluír da súa axenda cultural “a recuperación da igualdade lingüística para o galego” e á Xunta de non avaliar o plan de dinamización do galego na mocidade 2018-2020”.

Tras a intervención do secretario xeral de política lingüística, a deputada amosou a súa sorpresa ante o “desleixo e falta de rigor” de Valentín García para valorar o estudo do consello da Cultura galega, órgano de “alto asesoramento da comunidade autónoma galega”. Neste sentido, indicou que os estudos realizados por esta entidade deben ser sempre considerados e utilizados, cando menos, como “punto de partida” para avanzar na protección e proxección da lingua galega.

Queixas explicou que o estudo do Consello da Cultura Galega sobre a disposición a agasallar contidos culturais a menores de 16 anos en Galicia amosa unha “boa disposición” (7,9%), e en galego, esta disposición sitúase no 8/10%. O 6,2% non ten ningunha intención de agasallar produtos culturais en galego.

Por outra parte, engadiu que os segmentos de poboación con maior predisposición figuran entre a xente moza, estudantes e persoas que falan galego aso seus descendentes.A xuízo da deputada, este estudo constata que existe “unha importante demanda” de produtos culturais para menores de 16 anos pero a oferta sigue sendo “insuficiente”.

Por outra parte, dixo, “a sociedade galega detecta importantes desequilibrios entre oferta e demanda” e concretamente cun gran déficit nos ámbitos do cine, audiovisual, videoxogos, museos, televisión…

Asemade, Queixas tamén aludiu á análise da Mesa Pola Normalización Lingüística sobre a situación do galego nos xogos e xoguetes, un proceso fundamental para a socialización e aprendizaxe da lingua galega. O proxecto socioeductivo “Ao son da música” relativo ao coñecemento da música en galego, unha realizada a máis de 1.000 alumnos reflicte que o 80% nunca escoita música no noso idioma, máis do 50% nunca asistiu a un concerto de música en galego e o 40% descoñece o nome dalgún artista ou cantante en galego.Esta situación, recalcou a nacionalista, constata que “a cuestión lingüística está fora da axenda do Partido popular e do goberno”. Por outro lado criticou que a Xunta continúe sen avaliar o Plan de dinamización do galego na mocidade do 2018-2022.

Mercedes Queixas insistiu nas súas preguntas ao Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García sobre as estratexias que vai desenvolver a Xunta para acompañar ás familias galegofalantes e atraer as que non o son. En consiste o anuncio dunha liña de traballo potente, unha campaña dirixida a familias de entornos urbanos e periurbanos que incidan nas familia e para cando? Como se vai reforzar a rede de dinamización lingüística? Como se vai actuar para resolver a falta de variedade das accións e recursos?. “Crear recursos está ben” pero é necesario difundilos e facelos accesibles ou resulta que con ter recursos xa cumpren co obxectivo 2.2?

A deputada lamentou que o responsable de política lingüística eludirá responder ás cuestións formuladas e novamente recorrera, na súa intervención, a anuncios sen concretar.

Exit mobile version