Site icon Crónica3.com A Mariña

O autobús de coidados porta a porta da Xunta visitará Cervo a vindeira semana

Cervo, 20 de abril de 2022. O autobús de Coidados Porta a Porta da Xunta de Galicia visitará o concello de Cervo a próxima semana. Os días 29 de abril, 2 e 3 de maio o autocar estará estacionado no Parque Reina Sofía.

O programa Porta a Porta é unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para achegar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.

O autobús ofrecerá, mediante cita previa, servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria para os maiores de 55 anos.

O venres 29 de abril, ás 11h, haberá unha charla informativa no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, onde se resolverán todas as posibles dúbidas sobre o funcionamento deste programa.

Podoloxía: farase unha consulta básica, unha valoración xeral do pé, un corte e limpeza de unllas, eliminación de calos, durezas e helomas.
Audioloxía: valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habelo.

A cita previa pódese pedir a través do número de teléfono 622 748 283 ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Exit mobile version