Cervo, 29 de abril de 2022. O autobús de Coidados porta a porta da Xunta de Galicia estará estacionado no Parque Reina Sofía ata o vindeiro martes, día 3 de maio, para atender servizos de audioloxía, intelixencia emocional e podoloxía a maiores de 55 anos.
No día de hoxe a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, xunto coa concelleira de Sanidade, Mali Méndez, desprazáronse ata a localización para comprobar de primeira man a gran aceptación que está a ter este programa entre a veciñanza.
No tocante a podoloxía estanse a facer consultas básicas, valoracións xerais do pé, cortes e limpezas de unllas, eliminación de calos, durezas e helomas.
En audioloxía levan a cabo valoracións e exploracións funcionais da audición e prevención da perda auditiva.
E no referente a intelixencia emocional estanse a realizar valoracións cognitivas para proporcionar pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habela.
Armada quixo salientar “a gran aceptación que está a ter este programa por parte da veciñanza, que xa cubriu gran parte das citas dispoñibles durante os tres días”.
Aínda se pode solicitar cita a través do número de teléfono 622 748 283 ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.