O Alcalde, diante desta situación, púxose en contacto co responsable da area sanitaria da provincia, Ramón Ares, “quen nos comunicou claramente que non había médicos e que supliría esta vacante día a día, co fin de cubrir o servizo”. “Esta é a resposta do PP diante deste panorama, nin soluciona o problema nin aporta solucións. Esta é a súa política”, advertiu.
O rexedor criticou a situación de desatención e desamparo que sofren os seus veciños e veciñas. Nesa liña puxo como exemplo o que aconteceu onte mesmo (martes día 12), no centro de saúde “ao que acudiu unha veciña de idade de avanzada, acompañada da súa filla, que caeu e tivo que ser trasladada ao centro de saúde de Viveiro, do que hai que lembrar que tamén está saturado, tal como xa se leva denunciado insistentemente”, replicou.
“Por todo isto quero denunciar toda esta situación -dixo Pajón- é unha vergoña que coa xente maior que hai en Ourol, que máis do 50% son maiores de 65 anos, esteamos sen médico. Esta situación é incomprensible no ano 2022”. “Non entendemos tantos recortes nunha cuestión tan importante como é sanidade pública, un servicio esencial. Aquí isto esta fatal”, resumiu o rexedor.