Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés Faladora organiza unha viaxe pola costa galaico asturiana este sábado

Este ano seguindo a costa cantábrica chegarase ata Asturias, atracando nos portos onde os vínculos, como a fala, perduran: Rinlo, Tapia de Casariego, a Ortigueira asturiana ou Viavélez. Será da man de Bernardo Penabade e diferentes activistas e historiadoras do ámbito local. O traxecto realizarase en autobús, seguindo as medidas da covid-19, e por iso as prazas son limitadas: asociacion.nordes@gmail.com ou no 653756454 (Ricardo). A saída está programada para ás 08:00h. desde o Barqueiro, pero tamén haberá máis paradas. Esta viaxe, que durará todo o día, ten un custe, con xantar incluido, de 15€ / persona asociada e de 25€/ personas non asociadas.

Exit mobile version