Comezamos por lembrar que a veciñanza do noso concello e en especial a que habita no casco histórico de Viveiro e Cantarrá, leva anos agardando por unha ordenanza que regule a contaminación acústica, en especial, desde que o BNG a levou a pleno en setembro de 2019 e saiu aprobada. Unha ordenanza na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas “zona acústicamente saturada” para poder intervir na mellora da calidade acústica medioambiental das mesmas.
Tamén cabe a destacar que en pleno 2022, Viveiro continúa sen unha “Ordenanza de tenza de animas” así como tampouco coa “Ordenanza regulación de uso e aproveitamento das praias”, apesares de que os informes indican que en Viveiro hai máis de 3.000 mascotas. Estas ordenanzas, ben para os amantes das mascotas e ben para os que non gostan delas, permitirán regular a vida en común de animais e persoas, horarios e normas básicas de convivencia, o que en termos xerais é, unha regulación da que todxs se beneficiarían.
Dende o BNG continuaremos instando ao Goberno de María Loureiro, que decida darlle prioridade a estas ordenanzas e poñelas en vigor canto antes para así mellorar, na medida do posíbel, a calidade de vida da nosa veciñanza.