Burela, 20 de abril, 2022. A frota de palangre de fondo da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela recibiu a certificación da ecoetiqueta pescaenverde da Universidade de Santiago de Compostela, que a distingue como a primeira frota pesqueira de altura certificada polo baixo impacto ambiental da súa actividade, tanto por unha baixa pegada de carbono como por una alta taxa de retorno enerxética.
O acto de entrega dos certificados tivo lugar este mércores 20 de abril no salón de actos de Armadores de Burela e contou coa participación da conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana Carballo, e do vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, Gumersindo Feijoo Costa; ademais dos representantes da frota, que ao final do acto recibiron os certificados da marca para cada unha das súas embarcacións.
“Os cálculos realizados pola Universidad de Santiago de Compostela evidenciaron que a frota pesqueira de palangre de fondo da OPP-7 e ABSA están dentro dos límites de pegada de carbono e taxa de retorno enerxético establecidos pola ecoetiqueta pescaenverde”, certifica o documento.
En representación da Universidade de Santiago de Compostela, entidade que promove esta certificación, o seu vicerreitor Gumersindo Feijoo Costa: “Hoxe toca felicitar a tódolos buques desta frota de Burela, pero especialmente á OPP-7, xa que o 100% dos seus barcos de palangre de fondo son certificados coa nosa ecoetiqueta”.
Este acto pon o broche ao traballo de máis de ano e medio recopilando datos para a certificación da frota, onde o obxectivo final para o produto Merluza D& Burela é “vender máis e mellor”.
A ecoetiqueta pescaenverde ten en conta o ciclo de vida das actividades pesqueiras e recolle o cumprimento de dous índices ambientais: a pegada de carbono (indica a cantidad de gases de efecto invernadeiro producidos no proceso de captura do peixe e a actividade portuaria asociada) e a taxa de retorno enerxética en forma de proteína comestible (indica a relación entre a cantidad de enerxía en forma proteica que proporciona o peixe e a enerxía consumida durante o proceso de captura).
A frota de palangre de fondo da OPP-7 Burela, que captura a pescada do pincho, convértese así na primeira de altura que se certifica con esta ecoetiqueta e únese á pesca artesanal de Galicia para dar valor así aos seus produtos, facendo ver aos compradores que son capturados cunha baixa pegada de carbono e de maneira enerxeticamente eficiente.
Pola súa parte, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o valor da marca pescaenverde da Universidad de Santiago de Compostela para certificar a actividade respetuosa da frota co medio ambiente, e que é “un apoio á conciencia ambiental e á marca Galicia, contribuíndo a aumentar o valor dos produtos do mar e a garantir a súa diferenciación”.
A conselleira ensalzou o labor da frota de OPP-7 Burela e agradeceu unha vez máis o traballo de Armadores de Burela por fortalecer o grande motor económico que é o mar para Galicia.
O xerente da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, Sergio López, felicitou aos armadores por acadar esta certificación e agradeceulles o seu continuo esforzo por mellorar as condicións da pesca de altura, e que converten á lonxa ABSA de Burela na primeira de España en comercialización da pescada do pincho.
Desde o punto de vista da OPP-7 tamén agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, que nos últimos anos cofinancian a maioría das accións levadas a cabo no seu plan de produción e comercialización.