A subdelegada manifestou que hoxe mesmo o Boletín Oficial do Estado publica a licitación das obras de rehabilitación do firme da A-6 e para suprimir catro pasos a nivel na vía do tren no concello de Lugo, que suman un investimento de máis de 12 millóns de euros, e hoxe, tamén, o Ministerio de Transportes anuncia a licitación dunha actuación máis para a nosa provincia, neste caso na A-8, ao seu paso polo municipio de Mondoñedo.
Trátase dunha obra para mellorar a drenaxe do viaduto de Vedrós e evitar as escorrentías de augas, que o Ministerio licita por un importe de 126.125 euros, “de maneira que, unha vez más, os feitos demostran que este Goberno mantén a Lugo na súa axenda e cumpre os seus compromisos coa provincia”.