Cando faltaban dez minutos para as dúas desta tarde, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar dun lume nunha vivenda situada na Avenida de Galicia, en Ribadeo. A partir de aí, o 112 Galicia informou, ademais de aos bombeiros, aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, púxose en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se nalgún momento fose precisa a súa intervención.
Unha vez extinguido, os bombeiros confirmaron que, o lume, só afectou á cociña e deron por finalizada a súa intervención.