Xove, 6 de abril de 2.022. Gran acollida en Xove do programa Coidados Porta a Porta impulsado pola Consellería de Política Social.
Durante os días 4, 5, e 6 de abril estivo instalado na praza do Concello unha unidade móbil que ofrecía servizos gratuitos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para maiores de 55 anos:
– Servizo de Audioloxía , consistente nunha revisión e valoración auditiva.
– Servizo de Podoloxía para prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés.
– Servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, consistente na realización de probas de valoración cognitiva.
A valoración que se fai dende o Concello é totalmente positiva, posto que os tres días de consultas tiveron un cheo absoluto, non quedando ningún oco sin cubrir nas tres especialidades ofertadas, nunha xornada contínua amplísima dende as 9:00 horas pola mañá ata as 20:00 horas pola tarde cada día.