Site icon Crónica3.com A Mariña

Feijoó I “El embaucador”, por Carlos Fernández Louzao

Recoñezo que eu fun un deles, eu fun un dos embaucados por Feijoó. Unha pranta de fibra textil de eucalipto en plena plantación de eucalipto, porque non?. Nun lugar onde unha gran industria ía pechar (e aínda non se sabe se pecha ou non), onde existe solo industrial de sobra, porque non? Porque non se ía poner esa industria na Mariña?.

Si, fun embaucado, aínda sabendo que o número de traballos ofertados, coincidía sospeitosamente co número de despidos anunciados por Alcoa. Aínda así, fun embaucado.

Despois de ver como a pranta de Altri marcha cara Palas de Rei, non só fun embaucado, fun traizoado, por Feijoó, por Balseiro,por Elena Candia e por todos e cada un dos representantes que ten o PP na Mariña.

A ver se imos aprendendo algo e, nas vindeiras eleccións, temos máis memoria e sabemos recoñecer a quen traizoa os intereses dos e das mariñás.

Carlos Fernández Louzao. Concelleiro do BNG Xove

Exit mobile version