Segundo explican desde a Aula CeMIT “trátase dun curso presencial, que se desenvolverá en horario de tarde de 17 a 20 horas. Esta formación ten coma destinatarias ás mulleres de entre 18 e 65 anos. O obxectivo principal é fomentar a empregabilidade e o emprendemento das mulleres, mediante o uso das novas tecnoloxías que temos o noso alcance”.
O día 19 a temática que se abordará estará centrada nas competencias dixitais para a busca de emprego, usando o ordenador. E o día 20 as asistentes afondarán en cómo afrontar unha entrevista de traballo.
As mulleres interesadas en acudir a este curso deben anotarse. O prazo de inscrición está aberto en horario de 09:00 a 15:00, nos teléfonos 982120739-982120732 e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal
Esta formación está organiza polo CIM e pola Área de Emprego do Concello de Ribadeo.