Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Enerxías renovables na Mariña, repercusión na industria e no mar’, mesa informativa en Burela o sábado 30

A Mariña, 20 de abril, 2022. O sábado 30 de abril ás sete da tarde no auditorio de Burela vaise celebrar unha Mesa Informativa titulada Enerxías renovables na Mariña, repercusión na industria e no mar

Nesta mesa intervirán dous expertos de recoñecido prestixio: Xabier Simón, profesor da Universidade de Vigo e membro do Observatorio Eólico de Galicia, e Torcuato Teixeira, avogado e membro do Observatorio da Eólica Mariña.

Esta mesa pretende achegar información rigurosa de man de expertos sobre a proliferación de polígonos enerxéticos -maioritariamente eólicos- na comarca, e sobre as repercusións que éstes poden ter, non só no medio ambiente e na biodiversidade, senón tamén no futuro económico da zona, destacando sectores como a industria e a pesca, pero tamén noutros como o turismo, a agricultura e a gandería.

A Mesa está convocada por tres organizacións que xurdimos da preocupación da cidadanía polas repercusións desta proliferación de polígonos enerxéticos e tamén pola falta de información rigurosa e contrastada. Estas organizacións somos

Plataforma Burela en defensa de la pesca

Plataforma de veciños afectados pola Central Hidroeléctrica do Xistral

Plataforma eólicos na Mariña así non

As organizacións convocantes esperamos que as achegas dos expertos nos faciliten criterios fiables para situarnos como cidadans críticos e conscientes ante esta realidade que nos incumbe directamente a todas as persoas que vivimos na Mariña.

Exit mobile version