Viveiro, 18 de abril, 2022. O Campionato Galego de Trail celebrouse na serra do Barbanza, organizado polo Concello de A Pobra do Caramiñal e a Federación Galega de Atletismo.
A proba contou cunha participación de máis de 150 atletas de toda Galicia, que puideron desfrutar dun espectacular percorrido de máis de 25 km.
O C.D.Egovarros-Viveiro estivo representado por dous atletas: Domingo Álvarez, que na categoría de M70, proclamouse campión galego e Andrés Piñón que na categoria M50, acadou a sétima posición.