Ribadeo, 8 de abril 2022. Daniel Vega considera “unha honra” contar con deportistas coma Elena González Rico en Ribadeo. Así llo trasladou nun encontro coa propia regatista do club de piragüismo Altruán de Ribadeo que recentemente logrou a medalla de ouro en infantil B en K1, 3.000m, no Campionato Galego de Inverno, e fai tan só uns días, logrou ser segunda na final da categoría B do Campeonato de España de Jóvenes Promesas.
Vega quixo recoñecer tamén os éxitos de Elena González á que lle agradeceu que represente tan ben a Ribadeo e que faga tan grande ao deporte ribadense da man do seu esforzo. Tamén tivo palabras de agradecemento para o club por levar tamén a Ribadeo sempre no seu escudo e polo importante traballo que fan cos máis pequenos que permite transmitirlles moitos valores relacionados co deportes como, por exemplo, a constancia. “Graciñas de corazón”, expresou.