Non deu tempo aínda ao público en sentar e Dany xa poñía o 1-0 en Vista Alegre tras froito da intensidade coa que saíron as guerreiras. Nos primeiros 5 minutos, o Pescados Rubén Burela seguía combinando ben contra un Joventut ben plantado. O equipo rival nesta primeira parte do encontro elaboraba algunha xogada e estaba segura en defensa. Con todo, tras unha fantástica recuperación e xogada conxunta, Bea Mateos ampliaba o marcador 2-0 no minuto 13.
O Pescados Rubén Burela xeraba moito perigo polas bandas da cancha, e non paraban de chegar desde ese perfil. Destacaba no outro equipo a meta rival, Raquel Gadea que fixo múltiples intervencións. O equipo de casa buscaba aumentar a súa vantaxe, e Jenny tivo un balón ao poste tras executar unha preciosa vaselina. O Burela estaba a xerar moito perigo, e aínda así as visitantes tiveron unha ocasión para recortar distancias.
As locais que hoxe vestían de negro, presionaban en todos os balóns ao Joventut, que apenas podía circular o balón. O Burela ía notar no minuto 15 por mediación de Sandra, desde a súa portería, cun pase que se envenenou directo á rede contraria. Seguía e Burela sen dar tregua, e un minuto despois no 16, Dany consegue facer o seu dobrete e poñer o 4-0 despois dunha xogada elaborada na que a asisten ao segundo pau.
Os últimos minutos resúmense buscando o Burela o quinto, e íao a conseguir Elenita no minuto 19 como consecuencia doutra xogada elaborada do conxunto mariñán. Chegan ao descanso co resultado de 5-0.
Empeza a segunda parte co Pescados Rubén Burela querendo aumentar a súa vantaxe. Con todo, ían recortar distancias as visitantes tras unha fantástica finalización de Claudia Terrés. 5-1 Min 22.
Este tanto non afectou ás locais que seguían buscando máis, e despois dun pase na área rival, Paula Sánchez anota en propia porta tras tentar repelelo. A xogadora máis destacada en ataque do Joventut era Claudia terrés, que tivo algún intento de anotar outro gol.
No último tramo do encontro as guerreiras buscaban aumentar aínda máis a súa vantaxe, e tras varios intentos de Jenny, ía conseguir poñer o 7-1 no marcador. Houbo algún descoido en defensa do Burela, pero Jozi corrixíao sen complicacións.
O partido ía acabar en Vista Alegre co equipo visitante tentando recortar vantaxes, pero non se ía a mover o marcador definitivo de 7-1.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Sandra Buzón, Dany, Irene Samper, Ale De Paz, M.Cortés -Cinco inicial- Jenny, Lara Balseiro , Elenita, Bea Mateos, Cilene, Cami, Elenita, Bea Mateos, Emilly.
Joventut d’Elx FS: Raquel Gadea, Bet Carrasco, Paula Morote, C.Poveda, Peque – cinco inicial- Nanna, Paula Sánchez,Romina, Judit Mateu, Claudia Terrés, Eli Lorenzo, Nekane.
Goles: Min 1: 1-0 Dany; Min 13: 2-0 Bea Mateos; Min 15: Sandrá Buzón 3-0; Min 16: Dany 4-0; Min 19: 5-0 Elenita; Min 22 Claudia Terrés 5-1; Min 26 Paula Sánchez en propia 6-1; 7-1 Jenny.
Equipo arbitral: MENÉNDEZ NISTAL e VILAS LÓPEZ- CARDERO RODRÍGUEZ e WEBER. Tarxeta amarela Paula Sánchez.
Incidencias: Partido correspondente a la jornada 21 de Primera División RFEF, disputado en el pabellón Vista Alegre de Burela.