Site icon Crónica3.com A Mariña

COGAMI inicia en Viveiro un curso de alfabetización dixital no que se forman nove persoas con discapacidade

Viveiro, 22 de abril, 2022. As instalacións de Espazo Xove de Viveiro acollen un curso de Alfabetización Dixital que imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Esta formación iniciárona un total de 9 persoas, 5 mulleres e 4 homes, todas elas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, e procedentes dos concellos de Viveiro e Burela.

Esta formación, financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de COCEMFE e dentro das Actuacións dirixidas á atención de adultos con NEE 2021-22,
contará cun total de 85 horas lectivas que serán impartidas de luns a venres en horario de 9:00 a 14.00 horas, e nos que abordarán os módulos de internet, procesador de textos e folla de cálculo.

Estes cursos que desenvolve COGAMI teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral, co fin de que o alumnado acade os coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no mercado laboral. Arestora, bolsa de emprego de COGAMI ten inscritas un total de 271 persoas inscritas en A Mariña, das que 154 son homes e 117 mulleres.

Exit mobile version