Entre os retos propostos, estes tres GDR necesitan encontrar modelos innovadores en sectores chave das súas comarcas, como o forestal e agrícola, a enerxía, o turismo activo e experiencias turísticas, e a súa comercialización en novos mercados, así como proxectos que melloren os servicios á poboación.
No último día da Revolta Rural os participantes presentarán os proxectos e os GDR contan con unha bolsa de 15.000€ para entregar en premios, ademais da participación na incubadora rural que se porá en marcha en cada un dos tres territorios.
Neste maratón poderán participar tanto novas persoas emprendedoras e empresas que busquen lanzar novas liñas de negocio, e que xa poden rexistrarse na web de www.ruraltalent.eu. Durante dous días traballarán con mentores especializados, empresas referentes dos sectores en talleres e dinámicas de traballo e networking, para construír os seus modelos de negocio e que poidan poñelos en marcha nestas comarcas rurais.
Ademais, durante estes próximos días, os GDR celebrarán charlas informativas nos seus territorios para dar toda a información dos seus retos, as bases do programa e as posibilidades de financiación para os proxectos participantes.
GDR Terras de Miranda. Charla Informativa. Martes 5 ás 13h.
Edificio CENIMA – salón de actos. Avda. da Ribeira s/n. Foz