Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela programa para a Semana Santa as Xeorutas do Perdouro e a Marosa

Burela, 5 de abril de 2022. O concello de Burela vén de anunciar, a través das concellerías de Turismo e Medio ambiente, dúas xeorutas para esta Semana Santa, programadas para o venres 15 de abril polo Perdouro e o domingo 17 de abril pola Marosa.

Baixo o lema “Xeorutas Semana Santa´22, de procesión pola historia xeolóxica de Galicia”, o edís de Turismo e Medio Ambiente, acompañados polo alcalde, Alfredo Llano, presentaron esta nova edición como un revulsivo turístico, afianzando a proposta e situando ao concello de Burela como un punto de interese e valor diferencial pola súa enorme riqueza xeolóxica.

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, subliñou que “o turismo activo está moi presente na folla de ruta do goberno local, con iniciativas como as xeorutas, que levan anos dando bos resultados e sendo acollidas con moito éxito”. Neste senso, afirmou que “a Mariña Lucense, e particularmente Burela, é un destino perfecto para desfrutar da Semana Santa e descubrir paraxes únicos cun grande valor patrimonial e xeolóxico”.

O edil explicou que as rutas realizaranse en grupos guiados polo recoñecido xeólogo Fran Canosa, a Xeoruta do Perdouro o venres 15 de abril de 10:30 a 13:30 horas, e a da Marosa o domingo 17 de abril de 16:30 a 19:30 horas, con saída os dous días da Oficina de Turismo ubicada no Porto de Burela. “As persoas interesadas deberán inscribirse chamando ao teléfono do Concello de Burela (982 586 000), ou facendo a súa reserva de praza no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com”.

Exit mobile version