Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 18 de abril estarán abertos os baños da praia das Catedrais

Ribadeo, 8 de abril de 2022. Os baños da praia das Catedrais estarán abertos desde mañá, sábado, ata o vindeiro 18 de abril. Así o anunciaba hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije. O edil subliñou que se trata dun servizo modélico que estará operativo sete horas e media cada xornada.

O concelleiro ribadense explicou que “desde mañá, sábado, día 9, ata o luns 18 de abril, estes días de vacacións de Semana Santa, van estar abertos os baños de As Catedrais. Outro ano máis empezamos con este servizo que prestamos desde o Concello, que está dando moi bo resultado e é modélico”.

O prezo será o mesmo do último ano: “a tarifa é de 1 euro, o que permite ter todo limpo, cunha persoa que está alí todos os días durante 8 horas, das que 7 horas e media ten os baños abertos ao público e o outra media dedícaa a deixalo todo preparado para o día seguinte. Esa persoa contará coa súa xornada de descanso, tal e como lle corresponde”.

O edil de Medio Ambiente dixo: “esperamos e desexamos que veña moita xente, con tranquilidade, para ver esta praia tan fermosa que temos e que utilicen os baños con sentido”.

Jorge Díaz aproveita para pedir respecto co entorno natural das Catedrais e do resto do concello: “ademais agardamos que toda esta morea de xente que ven gozar desta fermosa praia que coide o entorno, que depositen os residuos que xeren nos contedores que hai habilitados xunto ao areal e na zona de aparcamento. Esperemos que así o fagan para contribuír todos a coidar este marabilloso entorno que temos na praia das Catedrais e noutras localizacións como a Illa Pancha, Rinlo, Santa Cruz, etc…”.

Exit mobile version