Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este domingo na entrega de galardóns da carreira Camovi-Gran premio Xacobeo 21-22 Xunta de Galicia, que este ano acolleu o Campionato de España de Carreiras por Montaña Individual e de Seleccións Autonómicas

O delegado felicitou ao Club Deportivo Camovi, organizador desta tradicional carreira de montaña de Viveiro, polo “extraordinario nivel” alcanzado, tanto polo número de participantes como polo recoñecemento que supón acoller as probas de ámbito nacional. Arias sinalou que a Xunta apoia este evento con achegas por importe total de 15.000 euros, para colaborar “cunha iniciativa que medra en cada edición”.

Exit mobile version