O delegado felicitou ao Club Deportivo Camovi, organizador desta tradicional carreira de montaña de Viveiro, polo “extraordinario nivel” alcanzado, tanto polo número de participantes como polo recoñecemento que supón acoller as probas de ámbito nacional. Arias sinalou que a Xunta apoia este evento con achegas por importe total de 15.000 euros, para colaborar “cunha iniciativa que medra en cada edición”.