Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobada a proposta do BNG para reducir a a velocidade na N-640 ao seu paso pola Pontenova

A Pontenova, 23 de abril 2022. A proposta do BNG de reducir a velocidade no casco urbano da Pontenova foi aprobada por unanimidade polo pleno do Concello da Pontenova. A resolución aprobada contempla distintas medidas : substitución de sinais, pasos elevados ou colocación de semáforos ámbar redutores de velocidade. O portavoz do BNG, Xosé Luís Gutierrez na súa intervención no pleno manifestou “Hai consenso entre os expertos que reducir a velocidade a 30 km/h nas zonas urbanas diminúe tanto o risco de sufrir un accidente, como a gravidade do mesmo de producirse. Na estrada N-640 ao seu paso polo casco urbano hai vehículos que circulan a unha velocidade excesiva e temos a responsabilidade de reverter esta situación”. O nacionalista agarda agora que o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana -propietario de estrada- e o Concello da Pontenova executen o acordo nun breve período de tempo.

Demanda da veciñanza, empresarios e comerciantes
Esta é unha demanda da veciñanza, de empresarios e comerciantes que ven necesaria a reducción de velocidade nesta estrada, a N-640, que tén unha intensidade media diaria de 2.000 vehículos polo centro da vila, que comunica a vila coa capital da provincia e según datos da DGT é unha das mais perigosas de Galicia.
Os nacionalistas da Pontenova afirman tamén que farán seguimento do cumprimento deste acordo tanto no concello coma desde o Congreso dos Deputados a través do representante do Bng, o deputado Néstor Rego.

Exit mobile version