Site icon Crónica3.com A Mariña

Acia Burela reuniuse co BNG

Burela, 18 de abril de 2022. Os representantes da xunta directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela celebraron o pasado 14 pola noite unha reunión con integrantes do BNG na Corporación Municipal.

Durante a xuntanza, que se celebrou no local de ACIA Burela, trasladouse a esta forza política as necesidades, peticións e propostas do colectivo fronte ao futuro co obxecto de que os nacionalistas se fagan eco delas.

Os temas máis importantes expostos foron os mesmos que na reunión có PP municipal e que son a necesidade dunha maior limpeza da contorna e das beirarrúas; a conxelación da suba de taxas municipais para o comercio e industria local; a bonificación do IBI; e o traslado do mercado semanal ao seu anterior emprazamento.

Continuación ca ronda de reunións

A reunión do pasado xoves enmárcouse dentro da serie de entrevistas cos tres partidos que teñen representación municipal e que en próximas datas rematarase cunha reunión co grupo Municipal Socialista.

Continúan así a profundizar nunha liña de diálogo e comunicación fluída co ánimo de traballar en conxunto e con boa sintonía de cara artellar as mellores e máis consensuadas solucións para a industria e o pequeno e mediano comercio do municipio. Por iso cren que é imprescindible a celebración dun Pleno Municipal de carácter monográfico para abordar todos estes asuntos.

Exit mobile version