Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Burela inicia unha ronda de reunións coas forzas políticas con representación na Corporación Municipal para expoñerlles as necesidades do sector

Burela, 9 de abril de 2022.- Os representantes da xunta directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela celebramos onte á noite unha reunión con integrantes do Partido Popular na Corporación Municipal.

Durante a xuntanza, que se celebrou no local de ACIA Burela, trasladamos a esta forza política as necesidades, peticións e propostas do noso colectivo de fronte ao futuro co obxecto de que o seu grupo municipal se faga eco delas.

Entre os temas máis importantes que lles expuxemos atópanse a necesidade dunha maior limpeza da contorna e das beirarrúas; a conxelación da suba de taxas municipais para o comercio e industria local; a bonificación do IBI; e o traslado do mercado semanal ao seu anterior emprazamento.

Ronda de reunións
Como dixemos, a reunión de onte enmárcase dentro dunha serie de entrevistas cos tres partidos que teñen representación municipal. En vindeiras datas temos previsto reunirnos tamén con representantes do PSdeG- Psoe e do BNG.

Exit mobile version