Site icon Crónica3.com A Mariña

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións volve ao Hospital da Mariña o martes

A Mariña 29 de abril de 2022. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) colocarase na entrada principal do Hospital da Mariña o vindeiro martes 3 de maio no seu horario habitual, de 11 a 13 horas.

O fin destes dispositivos é informar a usuari@s, profesionais e veciñ@s da situación de emerxencia que está a sufrir a sanidade pública, con déficits importantes de persoal e cunhas agardas inaceptables, tanto para facer probas diagnósticas como para consultas ou intervencións. Tamén desde a UMAR redactaranse e rexistraranse reclamación a aquelas veciñas e veciños que así o precisen e por estes mesmos motivos.

A coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro, anima a veciñanza a que se achegue ata a entrada principal do Hospital da Mariña para facer a súa reclamación, porque “ a reclamación é un dos mecanismos dos que dispoñemos para denunciar as vergoñentas agardas que temos que soportar, moitas veces ata de ano e medio para facer una proba diagnóstica ou dous anos para una consulta, o que semella esperpéntico e propio de gobernos que priorizan a sanidade privada en detrimento dos servizos públicos”.

Exit mobile version