Site icon Crónica3.com A Mariña

A Semana Santa de Burela ofrecerá a súa edición mais emotiva

Burela, 2 de abril, 2022. A semana santa de Burela comezou o pasado xoves 31 de marzo con o pregón ofrecido polo obispo da diocese e a inahuguración da exposición “Hay un lugar para ti” que se pode visitar na igrexa da parroquia.

Os actos continuarán o 3 e abril con a charla preparatoria ofrecida por Dª Rosa Maria Cruz Nelia que será na igrexa da parroquia de santa maria as seis da tarde, a continuación oficiarase a santa misa. O venres 8, venres de dores, levarase a cabo o viacrucis e a continuación oficiarase unha misa na honra dos cofrades defuntos.

O Domingo de ramos (10 de abril) as once e media da mañá sairá da praza da mariña a procesión da burrica, procesión vivinte na cal se representa a entrada triunfal de xesus en xerusalén, á chegada da procesión á praza da igrexa procederase á bendición dos ramos na mesma praza e acontinuación oficiarase misa no interior da igrexa.

O mércores 13 a continuación da misa as oito menos cuarto tera lugar a peculiar procesión de campo do viacrucis, esta procesion sae da igrexa da parroquia de santa maria e remata na antiga igrexa da vila do medio, procesión cun percorrido de case dous quilometros facendo un viacrucis con paradas en cruces instaladas no traxecto, na procesión acompañan aos pasos penitentes anonimos cargando cruces ben sexa en ofrecimiento ou por deboción.

O xoves 14 as seis e media faise unha celebración vivinte da ultima cea do señor e o lavatorio de pes, a contnuación as nove procesión da horación na horta das oliveiras e hora santa.

O venres 15 as seis e media terá lugar a celebración da paixon do señor e a continuación as dez a procesion dos caladiños, este ano estrenando pasos e paradas moi emotivas durante a procesión.

O sábado 16 as seis e media terá lugar a procesión da virxe da esperanza na cal este ano se espera algunha sorpresa, as dez comezará a vixilia pacual coa bendición da auga e do lume.

O domingo 17 as once da mañá será a procesión do encontro, a continuación oficiarase misa. E como broche final.

O domingo 24 a continuación da misa das sete da tarde celebrarase a semana santa infantil donde os nenos da parroquia faran unha versión reducida da semana santa de burela cunha procesion polas ruas do pobo.

Exit mobile version