Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pontenova nomea fillo adoptivo ao xornalista Miguel A. Piñeiro

A Pontenova, 25 de abril de 2022. O Alcalde socialista da Pontenova, Darío Campos Conde anuncia que o Pleno do Concello, acordou por unanimidade (PSOE, PP e BNG), nomear a D. Miguel A. Piñeiro Moure, Fillo Adoptivo da Vila.

Dende o Concello destacan que conceden este nomeamento “en aras do seu excelente facer profesional cara as terras e as xentes da Pontenova, así como o traballo desenvolvido especialmente na defensa das augas e a biodiversidade do río Eo”. Por iso invitan a toda veciñanza “a sumarse á xornada de homenaxe a Miguel Piñeiro co nomeamento de Fillo Adoptivo da Pontenova. O acto público de recoñecemento celebrarase o venres 29 de abril, no Auditorio a partir das 20:00 horas”.

Colaborador da Festa da Troita
Miguel Piñeiro é xornalista da CRTVG, Director Editorial de Xornal Trueiro, ten publicados 10 libros, é colaborador de diversos medios de comunicación galegos e nacionais. Ademais é todo un referente no mundo da pesca deportiva e do medio natural, tamén exerce como Director Técnico do Couto Turístico de Vilagudín, é Artesán da Pesca inscrito no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, e ven colaborando con numerosas iniciativas pontenovesas dende xa hai anos, entre elas e especialmente, a Festa da Troita.

Exit mobile version