O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, e a Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participaron este domingo na clausura da 38 edición da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU), que se recuperou neste 2022 despois de dous anos de parón debido á pandemia. A institución provincial destinou 33.000€ en diferentes axudas a cita, chegando a triplicar a colaboración económica, no convencemento de que as actividades relacionadas co impulso do sector primario son fundamentais para apoiar a economía lucense. A Deputación tamén doou dúas xatas da Granxa Gayoso Castro para esta mostra de referencia no sector agrogandeiro da provincia e de Galicia.