1ª/ Poden participar todas as nenas e nenos con:
-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema proposto a continuación: “O QUE PASA AO MEU ARREDOR”: Observa o mundo. Non precisas subir nun foguete nin nun avión. Mira ao teu arredor. Que ves? Que pasa? Como te sentes Podes contalo. O que ves, o que sentes, o que pensas é importante. É a túa visión do mundo. E para nós, é valiosa.
-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema: “O QUE PASA AO MEU ARREDOR)”: Observa o mundo. Non precisas subir nun foguete nin nun avión. Mira ao teu arredor. Que ves? Que pasa? Como te sentes. Podes debuxalo. O que ves, o que sentes, o que pensas é importante. É a túa visión do mundo. E para nós, é valiosa.
2ª/ Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. No reverso de cada traballo irán escritos os seguintes datos : nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e colexio do autor ou autora.
3ª/ Establécense tres categorías : A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos.
4ª/ O prazo de presentación rematará o vindeiro 27 de abril, debendo ser entregados na BIBLIOTECA MUNICIPAL.
5ª/ O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.
6ª/ O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
7ª/ Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
8ª/ Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9ª/ Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10ª/ A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.