Site icon Crónica3.com A Mariña

A Aula CeMIT de Ribadeo acollerá o 5 de maio unha charla sobre métodos de pago por internet

Ribadeo, 27 de abril de 2022. A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá o vindeiro 5 de maio unha charla sobre métodos de pago por internet como bizum ou criptomoedas. Será entre as 12 e as 13 horas.

Desde a Aula CeMIT explican que “o auxe das transaccións en internet debido as consecuencias do coronavirus levounos a ter que adecuarnos a novos métodos de pago. Cada vez hai máis sistemas que melloran a experiencia aportando unha (aínda) maior protección de datos e seguridade para facer compras a golpe de clic”.

E engaden: “neste sentido, ¿qué métodos de pago podemos usar na actualidade? Nesta charla repasaremos os principais métodos de pago: bizum, tarxetas revolving, pago por móbil, etc. dando a coñecer os nosos dereitos como persoas consumidoras e usuarias”.

As persoas interesadas en asistir a esta charla informativa poden inscribirse chamando ao teléfono 982 120 732 ou enviando un email ao correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal

Exit mobile version