Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Saúde Mental A Mariña desenvolve o Programa “Velando pola miña saúde integral III”

A Mariña, 18 de abril, 2022. A Asociación Saúde Mental A Mariña recibiu unha subvención para desenvolver o Programa “Velando pola miña saúde integral III” durante o ano 2022. Este programa está a ser cofinanciado, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, pola Secretaría Xeral da Igualdade a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2021.

O obxectivo polo que se está a traballar é prestar apoio ás usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde.

Esto permite á entidade dar continuación a un programa que brinda un apoio que resulta fundamental para elas e que contribúe significativamente na mellora da súa calidade de vida.

Entre as as actuacións que se están a desenvolver atópanse os acompañamentos en citas médicas e talleres de educación para a saúde entre outras.

Exit mobile version