Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de xubilados Terra-Mar celebra os seus 25 anos de actividade

San Cibrao, 29 de abril, 2022. O ano 2021 cumpríase o 25 aniversario da fundación da asociación de xubilados Terra-Mar de San Cibrao, segundo certifica a súa acta de constitución, un acontecemento singular que non puideron conmemorar debido á pandemia, pero que agora pretenden celebrar como corresponde ás vodas de prata do principal colectivo asociativo da localidade.

O seu presidente, Jose Luis Sariego, explicou que como primeira actividade neste 25 aniversario acordaron organizar un xantar de confraternidade ao que poden sumarse todos os seus asociados pero que está tamén aberto á veciñanza en xeral. Será o domingo 15 de maio no restaurante O Noso Lar de San Cibrao, para o que xa teñen aberto o prazo de inscrición a través dos medios habituais (local social e redes de mensaxería).

“No es fácil que una asociación logre celebrar 25 años de actividad ininterrumpida y por eso queremos festejar esta efeméride de un modo muy especial, recuperando espacios en común y de confraternidad. La pandemia impidió que lo hiciésemos el año pasado pero ahora, que parece que la situación mejora algo, con prudencia, vamos a ir normalizando progresivamente nuestra actividad”- explico Sariego.

Ademais de ser un dos colectivos máis lonxevos Terra-Mar é un referente no ámbito social, asociativo, cultural e lúdico da localidade, pois desenvolve unha multitude de actividades entre os que están torneos de xogos de naipes, as charlas informativas sobre sanidade e consumo, viaxes organizadas, bailes, inclúe unha coral musical e colabora co Concello de Cervo e con outras entidades e colectivos locais na organización de moi diversas actividades e festexos.

“Es cierto que los dos últimos años muchas de nuestras actividades han sufrido un parón. Pues la mayor parte de nuestros asociados somos jubilados, personas con edad que debíamos ser prudentes en el cumplimiento de la normativa para evitar contagios. Pero por eso quizá poder celebrar los 25 años es para nosotros un doble motivo de satisfacción. Y la comida no será más que el inicio de otros muchos actos que iremos haciendo público en los próximos meses para conmemorar nuestro aniversario”.

O 25 de febreiro do ano 1996 un grupo de xubilados “deste porto de San Cibrao” encabezados por Antonio López López tomaron a iniciativa de solicitar a cesión da sala de benestar da Casa do Mar ao director do ISM (na actualidade este local é de titularidade municipal) ao tempo que nomearon unha xestora da que formaban parte, xunto ao seu primeiro presidente, José Díaz Ponte, José Paleo Álvarez, Francisco Paleo Álvarez, Luisa Docampo Sarmiento, Manuela Fernández Díaz, Maruja Docampo Sarmiento, Nazario Suárez Vázquez, Antonio García Méndez, Mariluz Basanta Ben e Alberto Pillado Martínez. Un colectivo que nacía “sen fins políticos, nin lucrativos” e que 25 anos despois continúa amenizando e enriquecendo a actividade social da Península da Paz, agora con máis de 300 socios.

Exit mobile version