Xove, 6 de marzo, 2022. Dende o Concello de Xove vén de poñer en marcha unha campaña para apoiar ao pobo de Ucraína. Con esta campaña preténdese recoller materiais de primeira necesidade co fin de de axudar a paliar todas as carencias que neste momento están a sufrir millóns de ucraínos pola atroz guerra derivada da invasión rusa.
O punto de recollida de todos os produtos vai estar no Centro de información xuvenil de Xove, aberto diariamente de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Os produtos que se piden son:
Alimentos:
-Comida non perecedeira.
-Comida preferentemente enlatada, iso sí, non en tarros de cristal.
Roupa, para adultos e infantil:
-Roupa térmica.
-Mantas.
-Sacos de dormir.
Produtos de higiene e aseo:
-Xeles, xabóns, esponxas, tampóns, compresas,
-Para nenos: cueiros, toalliñas
Produtos sanitarios:
-Gasas, vendas, tiritas, alcohol, produtos antisépticos
Produtos de supervivencia:
-Pilas, mistos, chisqueiros, linternas
Cada un, segundo as súas posibilidades, pode ampliar esta relación de produtos como lle pareza, pero sempre pensando no destino dos mesmos.
Dende o Concello piden a todos os veciños que se volquen nesta campaña, que mostren toda a solidaridade que poidan, xa que é o momento de estar ao carón do pobo de Ucraína.