Viveiro, 14 de marzo de 2022. Dentro da súa programación anual de dinamización o GALP A Mariña Ortegal ven de incluír una iniciativa educativa e de carácter divulgativo coa que pretende fomentar o coñecemento sobre o sector do mar entre cativos de 3 a 5 anos ao tempo que potencia a súa curiosidade innata.
O programa desenvolverá ata 15 sesións en escolas de educación infantil en todos os concellos do territorio, dende Ribadeo ata Valdoviño e achegará contido específico sobre o sector da pesca, especies comerciais, artes e aparellos e contaminación mariña, a través dunha metodoloxía práctica e de observación adaptada aos escolares.
As temáticas que se abordan encádranse en 4 sesións que se citan de seguido:
1 Quen vive no noso mar?
2 Imos á peixería!
3 Basuras mariñas
4 Artes e aparellos de pesca.
As escolas infantís invitadas a participar poderán escoller a que lle resulte máis interesante e todas serán executadas no presente curso escolar.
O equipo de divulgadores co que o GALP conta para este programa está conformado por oceanógrafos/as con experiencia no desenvolvemento de actividades educativas en relación ao medio mariño e ao sector da pesca. Preténdese chegar a uns 450 escolares ata o mes de xuño.