Xove, 23 de marzo, 2022. O cineasta xovense Xacio Baño acaba de gañar o premio Mestre Mateo a mellor curtametraxe con “Augas abisais”, proxecto que contou coa colaboración e patrocinio do Concello de Xove.
Dende o Concello felicitan a Xacio Baño e a todo o equipo de “Augas abisais” por este magnífico galardón, e tamén por levar con tanto orgullo, polo mundo adiante, o nome do Concello.
A curtametraxe Augas Abisais é unha peza cun potencial percorrido internacional polos festivais de cinema de máis prestixio do mundo, co valor que iso supón en termos de comunicación. O impacto en Redes Sociais e prensa xerado pola participación da peza no circuito de festivais de proxección nacional e internacional, implica o retorno en termos de visibilidade, prestixio e valor cultural seguro. É polo tanto, unha oportunidade de proxección da imaxe de Xove a nivel nacional e internacional.
Augas Abisais fala da memoria colectiva familiar, e pescuda en lembranzas e relatos transmitidos de xeración en xeración por veciños de Xove. rescata un patrimonio inmaterial que, levado ao cinema, permanecerá vivo para sempre.