Viveiro, 16 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro, a través das súas concellerías de Cultura e Educación, organiza a proxección da película Valentina o próximo xoves 24 de marzo. A proxección pretende conmemorar o Día Internacional das Persoas con Síndrome de Down, que se celebra o próximo luns, 21 de marzo.
A película Valentina logrou o premio Goya 2022 a mellor película de animación, ademais de estar dirixida pola directora galega Chelo Loureiro. O filme está protagonizado por unha nena con síndrome de down, visibilizando a vida destas persoas e facendo fincapé na importancia da inclusión.
O Concello de Viveiro continúa deste modo no seu obxectivo de divulgar e sensibilizar sobre a diversidade funcional a través da cultura. A través do entretemento, búscase que transmitir á rapazada valores como a igualdade e o respecto
O filme proxectarase no Teatro Pastor Díaz en dúas quendas de mañá, ás 10:00 e as 12:00, para os colexios de educación infantil e primaria de Viveiro, concretamente, co alumnado de sexto de educación infantil e de primeiro de primaria.
Pola tarde, ofrecerase unha proxección para o público en xeral, ás 18:00 e con entrada de balde. En todas as sesións, contarase coa presentación de usuarios/as de ASPANANE que transmitirán a súa ledicia pola visibilidade que lles da este filme.
O Concello de Viveiro ten un firme compromiso coa inclusión, impulsando iniciativas como esta proxección así como o proxecto Viveiro Inclúe, que articula diferentes accións de sensibilización.