Na primeira campaña, ano 2020, rebaixouse a presenza da velutina a un 50%. Na de 2021 a rebaixa chegou ao 80%. Os obxectivos para a campaña deste ano sería chegar ao redor do 90%, e en todo caso evitar o aumento da mesma, traballando para unha estabilización da velutina e que a presenza da mesma sexa mínima.
A campaña vai incidir nos lugares onde se ten constancia de que aínda hai presenza, e especialmente nas contornas poboacionais e nos lugares de localización de frutais. Neste sentido, dende o Concello animan a toda a poboación a sumarse a esta campaña.
Todas as persoas que queiran colaborar poden colocar autotrampas naqueles lugares que consideren, como contronas de vivendas, localización de trobos de abellas autóctonas ou plantacións frutais. O Concello reparteu hai tempo entre todos os veciños que o pediron unhas botellas autotrampas, as cales incluían un folleto explicativo de como facelas.
A campaña de SERPAS comezou hoxe e vaise extender ao longo da primavera, ata entrado xullo. Agora é o momento de facer a campaña, xa que é cando as velutinas comezan a instalar os seus niños.