Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolle un mercadillo solidario para recadar fondos destinados a unha asociación que trae nen@s ucraín@s a Galicia

Ribadeo, 31 de marzo de 2022. Un grupo de ribadenses organiza un mercadillo solidario para recadar fondos destinados a unha asociación que trae nen@s ucraín@s a Galicia desde hai anos, algúns deles a Ribadeo. Será esta fin de semana, do venres 1 ao domingo 3, nun local da rúa Viejo Pancho, concretamente no baixo que ocupaba a Droguería Pulpeiro, fronte á oficina de Abanca.

Os promotores desta iniciativa explican que “ante la buena acogida del mercadillo solidario celebrado el pasado fin de semana, volvemos a realizar otro, con nueva ubicación y en esta ocasión destinado a recaudar fondos para la asociación Niños de Ucrania en Galicia y Andalucía”.

O mercadillo estará aberto ao público o venres 1 de 17:00 a 20:00 horas, o sábado 2 de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:00 horas e o domingo 3 de 11:00 a 14:30 horas.

Exit mobile version